Dona Filomena vive rodeada do cariño dos seus tres fillos varóns,e do seu moi namorado marido , é dona Filomena a estrela que alumea no fogar, halos nos que os seus seres queridos se ven por eles amorosamente nimbados. Os tres fillos de dona Filomena fican casados e con fillos, un na casa coasúa dona e filla de catro anos de idade, outro en Asturias e o terceiro en Barcelona.Vive dona FIlomena nun pobo de Galicia, onde os lares distan uns dos outros a cen metros, toda a veciñanza vén vivindo da angueira de seren labregos , tendo por soeira a de se axudaren uns a outros , tanto de man , como coa maquinaria.
É unha parroquia na que hai unha grande unidade entre tódolos veciños, por semellar case semella o pobo a unha moi vasta familia. Dona Filomena , mailo seu sempre fiei marido , xunto co fillo que fica na casa, maila súa nora Tareixa e a netiña , gabexan un establo de vacas do leite, e desa angueira viven. Dona Filomena sente grande paixón pola netiña da casa, pola cercanía cotiá , de ve-la medrar, de ve-la cabo dela dándolle o inxel e vero cariño ,cariño moi correspondido pola súa avoa. Hai pois unha harmonía moi doce entrambas , anque dona Filomena sente un inmenso cariño polos outros netos, dado que cando os ten a todos cabo dela, séntese moi ditosa, pero a meniña dos seus ollos é a meniña da casa sen lugar a dúbidas.
É a tempada da primaveira , tempada de arranxar nos silos de herba verde , para manteren as vacas na tempada da invernía. No fogar de dona Filomena adiase para tal tarefa un sábado, por que dese xeito virá o seu fillo de Asturias maila súa dona, deixando os seus fillos cuns parentes para mellor axudar , sen estaren pendentes dos pequenos, se rebuldan ou non á carón da maquinaria , e como non tamén virán axudar como é costume uns veciños do pobo.Chega o sábado , mencendo tépedo , o cal é unha ledicia para dona Filomena maila familia, para así acadar cubrir o silo sen humidades, sendo así a súa conservación do melloriño, tomando a herba unha cor mareliña moi gorentosa para as vacas.
Tareixa, ten por costume , para alixeirarlle o traballo ó seu marido, de ires á tardiña munxi-las vacas , sempre na compaña de dona Filomena, xa que ela soa , unha vez a baldeta chea de leite , non pode carrexala, así ambas cada unha polo seu lado lévan-na ó tanque a baleiralo , e nel se arrefríe o leite. Nese costume nora e sogra, póñense co labor de munxir , coa excepción que nesta emposta munxe un pouco máis cedo do de costume, para así poñérense co labor de poñe-la mesa , para convidar a cear a tódolos presentes, e á caloriña da cociña económica nun amplo mesadode mármore branco, gorentar a mantenza xa cáseque amañada para todos. Tareixa vai munxindo nas vacas, a súa sogra , fica apoiada na parede ficando ergueita enfronte dela para cando a precise, ó tempo que está a parolar coa súa nora de Asturias, que lle está contando algo que semella ca aleda , polas risadas de ambas .
Fóra , andan os homes, entre eles o marido de dona Filomena , todos aleutados arranxando no esgotado quefacer, uns carrexando a herba dos prados , baleirándoa nuns montóns, seguen outros coas galletas a esparexela ben , logo un cun tractor pisala varias veces, para que quede ben premida, dese xeito non lle quedan burbullas de aire , que logo lle fagan xerar balor. Todo vai indo coma todos os anos, con normalidade, sen nada que altere a harmonía entre todos , ata que de socato dona Filomena que está ledamente falando di ¡ai!¡que mal me vai! dicindo estas palabras dobránselle os xeonllos , non sendo dona de soster do seu corpo. A nora de Asturias bótalle as mans ó corpo , Tareixa deixa a baldeta e muxidoira no chan, correndo na procura dun tallo, ambas cuñadas sentan a dona Filomena , ó tempo que ambas berran polos seus respectivos maridos, que oindo naqueles berros cheos de anguria, véñen a alancadas, atopándose coa nai que non é dona do seu corpo. Ambos cada un polo seu lado levan a nai fóra do establo , séntan-na no tallo , ó tempo que lle suxeitan o corpo, ante a mirada anguriada do pai , que ve como a súa dona ten a boca toda torta cara a súa dereita, e tamén que non pode articular palabra, os veciños silentes todos , miran pasmados para dona Filomena.
Nuns minutos todo se volve un inexorable balbordo, un dos fillo di ¡ sería ben darlle un vaso de auga fresca!, Tareixa corre a alancadas cara o lar pola auga fresca , recunca na mesma présa, ela mesma, posta de xeonllos, cunha man suxeita docemente do queixelo de dona Filomena, coa outra dalle a beber a auga , dona Filomena bebe só uns grolos de auga , ó tempo que fita a mirada dela nos ollos de Tareixa, como queréndolle dicir algo moi importante e moi sentido, unha moi fonda mirada que en Tareixa xera calafríos. Adoitan os fillos mailo pai , en levaren a dona Filomena o máis pronto posible ó hospital, daquela a meniña da casa non se atopa polo lugar, anda a xogar cos dous fillos dun matrimonio veciño, que fica tamén axudando no quefacer do silo , e nese momento vivindo os momentos tan crueis na familia, polo que dona Filomena é levada no coche do fillo de Asturias xunto coa súa dona , o fillo da casa vai noutro coche con seu pai cara o hospital, a meniña non ve alonxar á súa avoa do fogar. Tareixa muda os zapatos, non así a roupa para non perde-lo tempo , pídelle á nai dos nenos amiguiños da nena, se lle queda ó coidado dela , respostándolle que si , que se vaia ca nena non terá duda , e que tampouco nada lle dirá do que lle ocorreu á súa avoa. Tareixa pídelle a outro veciño ca achegue ó hospital xa que ela séntese nervosa para ir conducindo no seu coche, o veciño non se fai de rogar, todo el amabilidade a leva no coche de seu deica ó hospital. Non se percata Tareixa que leva a roupa toda sucia da pelame das vacas, nen se percata, nen se mira cando llo din uns veciños no hospital , non lle da importancia , entende que é máis importante estar cabo da súa sogra, que haberse parado a mudarse de roupa para causar mellor impresión, a saúde de dona Filomena prima por riba de todas esas miudanzas.
Dona Filomena fica nunha sala do hospital co seu marido mailo fillo de Asturias, prega Tareixa ás enfermeiras a deixen alugar cabo de dona Filomena, as enfermeira atenden o seu prego, así Tareixa aluga na sala onde se acha dona Filomena, acada lado dela ,o seu marido mailo fillo, os doutores examinándoa , as enfermeiras falándolle, tomándolle a tensión, dona Filomena nun momento dado trousa , Tareixa recolle a toalla co trousado , pois nese momento non está ningunha enfermeira e o leva ó lavabo. Tamén recolle nunha bolsa toda a roupa de dona Filomena para levar para o fogar.
Dona Filomena ten os ollos pechos, moi pechos ,como tamén ten os beizos pechos, xa non tan tortos, pero si moi pechos. Nesas condicións tan lamentables , dona Filomena mantén as súas constantes vitais, polo que nun momento dado ergue unha man un pouquiño como pedindo algo , o seu marido lle apreixa a man , daquela dona Filomena, recorre a man do seu marido que a recoñece perfectamente , moi amodiño , palpando dedo a dedo, uña a uña, cotobelo por cotobelo, toda engurra da man , é palpada a man do seu marido moi amodiño, cada prego da súa pel , logo a deixa moi suavemente .De novo a volve a erguer, daquela o seu fillo a apreixa tamén da man , como boa nai ,recoñece a man do seu fillo de Asturias, mesmamente a percorre moi amodiño, dedo a dedo , cotobelo a cotobelo, uña a uña, toda a súa man nun sumo agarimo, a pousa amodiño . Ergue de novo a man , Tareixa a apreixa da man, dona Filomena lle palpa a man, non coñece esa man , na forza que lle é posible, a arreda, non quere esa man , segue erguendo a man, daquela ningún dos tres di nada , mais entenden ,que dona Filomena pide pola man dos outros dous fillos, que un deles , o da casa, está no corredor agardando noticias, e o outro na estrada, camiño do hospital. Dona Filomena, enxerga que vai a ser o seu derradeiro , e quere despedirse dos seres que ela máis ama, pero os seus seres, confían en que aínda pode devir ó seu , polo mesmo non chaman ó fillo que agarda no corredor ,para que vaia cabo da súa nai.
Dona Filomena é levada polos doutores ,para seres ben examinada, así tanto o seu marido coma fillo e nora, saen da sala de onde se atopan , nada din ó fillo que agarda , máis á nora de Asturias e veciños do que na sala vivron tan dolorosamente , alugando a esperanza de vela ir devindo ó seu . Dona Filomena non mellora , ó envés , empeora , xa perdeu as súas constantes vitais, polo que todo soarego vén sendo inutil . Dona Filomena entra no seu transo, Tareixa mirando a súa sogra agoniando,non cre que sexa posible tal acaecemento, así, de súpeto, nada poden facer por dona Filomena ,que falece dunha trombose á cabeza.
É levada para o seu fogar , os mobles do comedor son levados a outro lugar , para deixar o espazo todo para ser trocado en capela ardente , todo se vai facendo en silenzo , xa que a nena está durmindo arriba no cuarto, polo que fica allea a todo canto está acontecendo no fogar , dona Filomena é vestida polos fillos ,tamén alugada no cadaleito , en moi suma dor polos fillos , axudados por un membro da funeraria. Na súa capela ardente é velada dona Filomena polos fillos e noras, sendo o rosario rezado polo párroco do pobo ó día seguinte en presenza de toda a veciñanza na capela ardente do comedor.
O domingo pola mañán , Tareixa non baixa á nena a almorzar, a esperta cedo , a viste, a calza , lle da un vaso de leite a beber , peiteandoa ben coma de costume , lle di que a agardan os avós maternos, para levala a ver un lugar que lle vai a gostar moito , a nena sente ledicia por ir cabo dos outros avós ,que tamén os quere moito. Desa maneira ,a netiña que dona Filomena adoraba, é levada cabo dos avós maternos ,co fin de que a meniña non a lembre no seu leito da morte, que a lembre nese vencello de ámbalas dúas, de agarimo mutuo. A nena da man da súa nai , baixa nos chanzos que levan ós cuartos , e baixando neles aseita unha mesiña mortuoria perto da entrada do fogar, e perto tamén da porta do comedor , agora trocado en capela ardente pechada á nena, a nena mira abraiada para a mesiña e dille á súa nai ¡ mamá ! ¿para que é esa mesiña que hai aí abaixo? -¡ Non o sei miña meniña , papá puxoa aí , non sei para que a quere , coido que será para levala para o establo, non o sei , pero mira , agora tes que darte présa , que papá ten que voltar de contado , anda dame un biquiño , e vaite que papá agarda por ti no coche, e ten moita présa, xa verás que ben o vas a pasar, xa dixeron os avós, que te ían a levar a un sitio moi bonito, din que che vai a gostar moito velo!. A nena cala , dalle uns biquiños e abrazos á súa nai, e vaise cara o coche cabo do seu pai ,que asemella para a súa nena , o máis sorrinte que pode , alonxa a nena do fogar , e pasando ó rente da mesiña a mira sen deterse, como tamén lle bota unha ollada á porta pecha, que normalmente nunca pecha está.
Dona Filomena é soterrada o luns no panteón familiar, na máis sentida dor pola súa inesperada marcha ó infindo. Indo no cortexo fúnebre , Tareixa ía lembrando todo canto acontecera na sala do hospital coas mans , e na maneira de arredarlle a súa, daquela sentiu pena por haberlla arredado , anque tamén pensou ,que neses derradeiros momentos que dona Filomena enxergou moi veramente , pouco antes de perder todo o seu senso , tiña todo o dereito do mundo de querer cabo dela , as mans máis queridas para ela, xa que ela en xemelgas circunstancias , faría o mesmo , tan só lle importaría as mans verdadeiras , as do verdadeiro amor, as dos seus fillos , as outras mans neses momentos moi pouco ou nada contan .
Pasados dous días , estando no fogar os tres fillos mais as respectivas donas , xunto co marido de dona Filomena , agora malpocado viúvo , non así os fillos dos outros dous fillos, xa que tamén adoitaron en que mellor deixalos ó coidado de parentes , para que non lembransen á avoa no cadaleito , si a lembrasen nesa ledicia na que vivían , cando estaban cabo dela . Adoitan os dous matrimonios ,en se alonxaren cada un cara seu fogar logo de xanteren, daquela Tareixa dille ó seu marido que vaia na procura da meniña , entrementres ela vai aviando no xantar, para que a meniña xante cos tíos e tías , tamén agora co seu viúvo avó . O marido de Tareixa así o fai , vai na procura da nena , xa de volta, a meniña mostra ledicia abrazando á súa nai , ó seu viúvo avó , a seus tíos e tías. Xantan todos , logo de xantaren , unha das tías saca do bolso, unhas fotos feitas recentemente, na anterior ocasión, na que estiveron fillos e netos no fogar. Daquela a avoa , na compaña de oito netos , colleran cara un prado , e alí a nora de Asturias fotografounos a todos coa avoa aposturados , de varias maneiras. Estando a mirar nelas e comentando onde foran feitas as fotos , a nena ergueuse do seu asento e foi cabo da súa tía de Asturias , e alí encomezou por miralas todas, chegando a unha onde a avoa estaba con tódolos netos , e ela estaba achegadiña a ela , a nena colleu a foto e deulle un biquiño na face da avoa, feito esto, pousouna , saíu do fogar tan serea coma se nada , o pai maila nai ,sentiron nese intre , que se lles xelaba o sangue , a nena colixía o que acontecera sen nada haberlle dito , nen sequera preguntou por ela onde ía , cousa que soia facer , se non estaba no lar cando chegaba da escola.
Saiu fóra , a nai foi mirar detrás dela a ver que ía a facer ,se xogar ou chorar . A nena encamiñouse cara unha árbore que ficaba detrás do establo , de onde penduraba de dúas grosas ponlas , unha randeeira feita cunha táboa pequena, e uns cordeles das pacas, suxeitos ás ponlas. Esa randeeira lla fixera a súa avoa para bambeala de cotío un anaquiño de tempo , así a nena ,ó chegar cabo da randeeira empurrouna, a randeeira bambeouse soa , mirou para ela un anaquiño logo virouse e voltou cara a casa por unha boneca para xogar , nunca , nunca , preguntou onde habia ido a súa avoa, non lle facía falla , ela no seu corazón inxel , enxergaba ca súa amada avoa , estaba a vivir infinda estada, nesa estadía onde só van as persoas coma dona Filomena.