Marta e Luisiño, son irmán xemelgos de cinco anos de idade, viven na cidade chamada Chorida, ó longo da semana , coma todos os nenos e nenas van ó colexio, logo as fins de semana vindo morniñas,acostuman os seus pais , en levalos unhas veces ás praias, e outros a pasa-los días en contacto coas árbores, paseando polas orelas do río,manducando pracenteiramente , escoitando o canto dos paxariños, mailas árbores nas súas follas cando o vento solermeiro as bica.
Pois ben , un día de verán , saen do lar con rota car o monte chamado Queiruga, un monte onde acode moita xente en familia a relaxárense, ó abeiro das árbores, a beberen fresca auga que vai cantareira polo regueiro para ires a parar a unha lagoa, que dende ela vai moi de vagariño fuxindo cara as brañas do lugar. Tan pronto chegan , os nenos rebuldeiros eles, botan a correr un tralo outro, de volta cara seus pais , camiñando da man , ven un pequeniño lagarto , que vai de paseniño como buscando un abrigo para estarricarse ó sol morno dese día. Luisiño anícase, e colle ó lagarto na man, o lagarto pequeniño el , tenta en fuxir, o colle Marta nas súas mans e o acariña no lombo, daquela debeulle de gustar, que fica quedo, adoitan en levalo para a casa, pero primeiro hai que pedir o paraben do pai e nai. Chegando amósanllo ós pais , os pais un tanto receosos, acceden ó prego dos nenos, sendo unha inmensa ledicia en Marta e Luisiño, que así levan ó lagarto pequeniño para a casa , para cuidalo e mimalo, naquel momento adoitan en chamalo por un nome propio, para elo, comezan a barallar nomes, ningún lles gusta, o pai que fica axudando á nai en poñe-la mesa para logo xantaren , dilles rindo ¡ mellor que lle chamedes Isiño ah ah ah!. Luisiño, ó contrario do que cría o seu pai, non se enfastiou, sentiuse halagado e Marta tamén , dese xeito o lagarto pasou a chamarse Isiño.
Isiño ese mesmo día manducou mantenza da deles ben machucado primeiro, e cunha culler do café , fóronlle dando de comer , despois de beber por un vaso, durmindo logo ó sol riba dunha servilleta de papel. Isiño ben mantido, durmiu ó sol todo estarricado, xa de recunque car o lar, entre servilletas de papel, vai Isiño nas mans de Marta.
En chegando ó Lar, axeitanlle nunha caixa de cartón un moi mol cubil, todo el de algodóns, e xa escolman o que vai a ser o seu prato, garfo, culler, vaso , mesmo para o seu aseo semanal, co seu xabrón , toalla, mesmo cepillo de dentes e recendos. Pasa así Isiño a vivir unha estadía de ensoño, indo con eles as fins de semáns, tanto á praia com ó monte, pero Marta e Luisiño non o deixan andar riba da area e pedras, para elo sempre lle poñen unha toalla para que non se manche e non se manque, no lar anda Isiño por onde el quere , polo solo todo el vernizado e alfombrado, avezándoo eso si, a facer as súas necesidades encol dun groso cartón, así pois Isiño vai medrando , e poñéndose moi rufo , semella para disgusto dos pais que Isiño vai a ser un lagarto moi forte e longo, pero pensan , co mellor tamén dá o estarricón todo xunto, e logo xa se queda nun lagarto común.
Pasados seis meses Isiño xa mide un metro de largo e pesa setenta quilos, manseliño el , sempre moi agarimado, avezado como os donos quixeron , vive feliz. Non así os pais de Marta e Luisiño que xa non poden ir as fins de semáns á praia nen ó monte , nen tampouco as súas amizades van como acostumaban polo lar, receosos ó ver a Isiño con aquela dentamia branca como unha saba, pero que impón o seu respecto a súa presenza ,por non saberen que é en verdade moi manseliño. Os pais, din entre eles que hai que tomar unha decisión, que Isiño non pode vivir no fogar máis tempo , que el vive feliz, pero non así eles, para elo un día estando a xantar dinlle os pais a Marta e Luisiño, que hai que levar a Isiño de onde saiu para que atope á súa familia, e así poida vivir no seu lugar de orixe, pois a vivenda quédaselle pequena para el, que está dando moito que facer para manter limpo o fogar. Os nenos con gran desilusión , aceptan a proposición dos pais , xa que mais que proposición é unha orde de desaloxar a Isiño do fogar , dita de sutil maneira.
Chega o sábado, Isiño baixa os chanzos, e coa axuda de Marta e Luisiño aluga no coche na parte traseira con eles. Van cara Queiruga, chegando baixan a Isiño todo lustroso, Isiño volve a subir ó coche , non quere pisar terreo empedrado nen terra , polos seus ollos esvara unha bágoa, Marta e Luisiño, non queren deixalo alí , entón , adoitan os pais en levalo a unha braña, así o fan , lévan-no á braña , pero Isiño nota humidade, e tampouco quere, os nenos por orde dos pais botan a correr, deixando a Isiño , que vai indo trás deles chorando non quere quedar so e ve , que fuxen a alancadas del , fica quedo mirando como se alonxan , e como dende o coche lle din ¡ Adeus! . Isiño mirando chora, sentíndose abandoado á súa sorte, pois non sabe comer, e a humidade non lle senta ben , no está acostumado a vivir á intemperie, vese agora que sente fame , e non ten nada que comer, pois non sabe alimentarse el so doutros animais, quere a mantenza gorentosa
do lar, os doces, beber polo vaso ..... Isiño chora, vai cabo duns chantos , para ficar máis ó abrigo agardando volvan a por el os seus donos. Pero a mala sorte o acompaña , xa que chorando quédase durmido e non se decata que se achega un home cun sacho para arredar nos terróns, que lle privan pasa-la auga da lagoa. Vendo ó Ísiño, para el terrible lagarto, asestalle na testa uns golpes certeiros , Isiño queda morto ó momento, quedando o home moi aliviado vendo semellante exemplar perigoso na braña de seu .
Marta e Luisiño convenceron a seus pais de mellor ir a por Isiño, e levalo a un parque, onde o atenderan como viñan facendo eles, e así o fixeron , encáranse ó lugar a onde o deixaron , chegando atópanse co Isiño coa testa estragada, daquela séntense culpables da súa morte, de habelo abandoado á súa sorte, pídenlle ó dono da braña que lles deixen enterralo alí , o dono négase, polo que Isiño é alugado nunha caixa de madeira mais tarde queimado,esparendo as súas cinzas por onde o atoparon, lugar de onde nunca debeu de sair, para vivir unha vida ó seu albedrío , tal cal coma a natureza quería para el , para que se fose valendo por si mesmo.