tropézame mil veces cos peitos no rostro domíname coa túa confianza prostitúeme de amizade rompéndome con forza contra o entorno a misericordia e a caridade son para os fracasados e só quero vencerme lonxe da desidia das túas ondas facerme escravo para liberarme sendo máis forte no meu terreo onde deberei confundirme co Caos para elixir un destino onte e hoxe non son nada fóra de min mesmo onte e hoxe espremo os folgos do meu berce para continuar rompendo os brazos nas túas eiras onde o peixe fala o idioma dos anos faite min sen tregua sóbranme os azos porque non levo xa o esquecemento nos golpes e fun quen de dominar a historia no seu conxunto os sen nome perténcenme xa saín das súas tumbas limpando as bágoas supéroos pese a que os levo adheridos ás miñas roupas como un libro aberto |