Co apoio do Concello de Pontevedra, CEDRO e Xunta de Galicia
Foto da actividade

A Homenaxe O/A Escritor/a na súa Terra, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), chegou este ano á súa XXIX edición, recaendo na figura de Fina Casalderrey, que foi homenaxeada en Pontevedra o 10 de xuño de 2023.

Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e tense constituído ao longo de máis de dúas décadas como unha celebración na que a terra de acollida da homenaxeada ten unha presenza fundamental. É vontade da AELG honrar escritoras/es procurando o contacto directo coa autora e a súa implicación persoal na xornada de homenaxe.

Unha celebración múltiple e popular en que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritora (unha peza escultórica), a plantación da árbore simbólica elixida pola propia autora e a colocación dun monólito conmemorativo.

 

PROGRAMA DE ACTOS

 

11:30 h. Descubrimento do monólito conmemorativo e plantación da árbore da autora, un acivro. Na Ponte da Palabra (Pontevedra). Acceso libre para todo o público.
Intervencións de:
- Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra.
- Presidencia da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias.
- Fina Casalderrey.

12:30 h. Acto de entrega da “Letra E”. No Teatro Principal (Rúa Paio Gómez Chariño, 6). Acceso libre para todo o público, até completar capacidade do espazo.
Participaron:
- Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra.
- Lectura da concesión, pola AELG.
- Presidencia da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias.
- Laudatio da autora, por Montse Pena Presas.
- Entrega da peza escultórica.
- Intervención de Fina Casalderrey. Resposta á laudatio por parte da autora.

14:30 h. Xantar de confraternidade posterior no Liceo Casino de Pontevedra (xunto ao Teatro Principal).
 

 


ANTERIORES MERECEDORES/AS DESTE GALARDÓN

I Edición: ANTÓN AVILÉS DE TARAMANCOS
1995 • Boa, Taramancos

II Edición: BERNARDINO GRAÑA
1996 • Cangas do Morrazo

III Edición: MANUEL MARÍA
1997 • Outeiro de Rei

IV Edición: MARÍA XOSÉ QUEIZÁN
1998 • Vigo

V Edición: XOSÉ NEIRA VILAS
1999 • Gres, Vila de Cruces

VI Edición: UXÍO NOVONEYRA (póstumo)
2000 • Parada do Courel

VII Edición: LUZ POZO GARZA
2001 • Ribadeo

VIII Edición: XOSÉ CHAO REGO
2002 • Vilalba

IX Edición: XOSÉ FERNÁNDEZ FERREIRO
2003 • Nogueira de Ramuín

X Edición: SALVADOR GARCÍA-BODAÑO ZUNZUNEGUI
2004 • Teis, Vigo

XI Edición: PURA E DORA VÁZQUEZ
2005 • Ourense

XII Edición: MARÍA DO CARME KRUCKENBERG
2006 • Vigo

XIII Edición: MANUEL LOURENZO
2007 • O Valadouro

XIV Edición: XOSÉ VÁZQUEZ PINTOR
2008 • Melide

XV Edición: AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ
2009 • Vilalba

XVI Edición: MARILAR ALEIXANDRE
2010 • Santiago de Compostela

XVII Edición: PACO MARTÍN
2011 • Lugo

XVIII Edición: XAVIER RODRÍGUEZ BAIXERAS
2012 • Ribadeo

XIX Edición: MARICA CAMPO
2013 • O Incio

XX Edición: XABIER P. DOCAMPO
2014 • Castro Ribeiras de Lea

XXI Edición: XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ CÁCCAMO
2015 • Vilaboa

XXII Edición: HELENA VILLAR JANEIRO
2016 • Rianxo

XXIII Edición: MARÍA PILAR GARCÍA NEGRO
2017 • Lugo

XXIV Edición: NACHO TAIBO
2018 • Oleiros

XXV Edición: PILAR PALLARÉS
2019 • A Coruña

XXVI Edición: VÍTOR VAQUEIRO
2020 • Santiago de Compostela

XXVII Edición: CONCHA BLANCO
2021 • Cee

XXVIII Edición: XOSÉ MANUEL MARTÍNEZ OCA
2022 • A Estrada