A AELG lamenta a perda do seu Socio Gustavo Pernas
30/10/2018
Foto da novidade

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega lamenta a perda de Gustavo Pernas.

Home dedicado ao teatro en todas as súas facetas e pedra basilar da literatura dramática actual, o seu traballo foi determinante no desenvolvemento do teatro galego, tamén nos inicios do teatro profesional en Galicia.

Membro da Sección de Literatura Dramática da AELG, sempre ofreceu xenerosa colaboración e asesoramento nas súas iniciativas

Cunha longuisima traxectoria como actor, dramaturgo e director teatral, foi recoñecido cos máis importantes premios do teatro galego.

No ano 2007 gañou o Premio da Asociacion de Escritoras e Escritores en Lingua Galega coa súa obra Medidas preventivas

En 2008 foi recoñecido co Premio Roberto Vidal Bolaño por toda a súa traxectoria artística xunto a Ánxela G. Abalo e Áncora Produccións.