Presentación pública do Festival Rosalía 2017
19/9/2017
A AELG colabora nesta iniciativa da Deputación da Coruña
Foto da novidade

Unha fábula? Non! É Rosalía!

Reinterpretada, revisitada, e reinventada constantemente durante os máis de 180 anos que leva entre nós, Rosalía de Castro converteuse na verdadeira heroína da nosa cultura e como tal o Festival Rosalía quere celebrar a súa vixen- cia e importancia.

O Festival Rosalía é unha iniciativa da Deputación da Coruña, que se desenvolverá na cidade de Santiago de Compostela os días 29, cunha gala no Teatro Principal, e 30 de setembro, cunha feira de produtos rosalianos na Praza de Cervantes. Neste 2017 a escusa é o centenario da inauguración do monumento a ela dedicado na Alameda de Compostela.

Colaboran: Concello de Santiago, Fundación Rosalía de Castro e Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.

Vexa aquí o informe de prensa para a presentación do Festival Rosalía, que tivo lugar o 18 de setembro en Compostela: