As Polafías fan 10 anos
29/12/2017
As Polafías son un proxecto da Sección de Literatura de Tradición Oral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

As Polafías son un proxecto da Sección de Literatura de Tradición Oral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), coordinado polo vogal de Literatura de Tradición Oral, Antonio Reigosa, e que conta coa colaboración de diversas asociacións e co patrocinio de institucións públicas. A primeira das 33 Polafías que se desenvolveron neste período de dez anos por todo o país tivo lugar o 16 de novembro de 2007 na Serra de Outes.

A palabra Polafía é un neoloxismo referido ás reunións ou veladas de carácter festivo con contidos literarios e musicais, e ten como obxectivo primordial o de poñer en valor e rescatar do esquecemento o valioso patrimonio oral, literario e musical.

O termo Polafía quere reunir no seu significado o mellor dos diferentes matices e acepcións de vellas palabras (polavilas, fías, fiadas, fiandóns, seráns,...) con semellantes contidos. A principal diferenza, en canto ao desenvolvemento, daquelas xuntanzas de antigo co desta nova proposta é que agora podemos, e debemos, axudarnos das novas tecnoloxías, desde os aparellos de gravación, que favorecen o arquivo e estudo do recompilado, ata o uso de novas tecnoloxías, caso de internet, que poden contribuír a unha ampla difusión deste patrimonio. Todos estes contidos están recollidos en http://www.aelg.gal/Polafias/

O formato das Polafías require a presenza dun mantedor, divulgador ou especialista que introducirá e comentará as principais características das pezas e xéneros literarios amosados, dun recitador de poesía anónima ou de autor de feitío popular; dun músico/a, que interpretará romances, coplas ou cantares de raiceiras tradicionais. Sen embargo, o elemento humano transcendental e imprescindible no desenvolvemento de cada Polafía constitúeno os homes e mulleres, narradores/as, cantadores/as, romanceadores/as... etc, veciñas e veciños de cada lugar onde se desenvolve a Polafía, pois eles e elas son os auténticos protagonistas, os que xenerosamente transmiten o seu saber.

 

As Polafías e os Premios "Mestras e Mestres da Memoria"

A iniciativa Premios "Mestras-es da Memoria" -un recoñecemento que se concede anualmente a dous informantes de literatura popular por toda unha vida de dedicación exemplar á transmisión oral de saberes e valores da nosa cultura popular tradicional- xurdiu naturalmente do proxecto Polafías, pois considerouse que, ademais de recoller e poñer a disposición da sociedade esa sabedoría das persoas informantes, e seguindo as recomendacións da UNESCO, o alicerce básico sobre o que construírmos sentimentos de identidade pasa por identificar e recoñecer publicamente aqueles homes e mulleres que posúen en grao sumo os coñecementos e técnicas precisas para interpretaren ou recrearen determinados elementos do noso Patrimonio Cultural Inmaterial.

Así, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) a través da súa Sección de Literatura de Tradición Oral, vén organizando desde o ano 2013 a Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria,  para recoñecer esas persoas como tesouros humanos vivos, homes e mulleres que estiveron atentos para recibir dos seus predecesores a herdanza cultural, que logo reciclan e recrean, adaptándoa e actualizándoa con xenerosidade para, por fin, transmitiren todos eses saberes herdados aos que veñen detrás.

En 2013 foi recoñecido o labor de  Manuela Cortizo Medal (Manuela de Barro ou Manuela das Marianas), que reside en Cerdedo, e de Ángel Rivas Veiga, da Pontenova; en 2014 destacouse o traballo de Elba Requeijo, de Abadín, e Xavier Blanco, de Moaña, por toda unha  vida de dedicación exemplar á transmisión oral de saberes e valores da nosa cultura popular tradicional; polas mesmas razóns e xa en 2015 foron considerados Mestra e Mestre da Memoria Josefa Arias Castelo, de Vilalba, e Emilio Pérez Álvarez, “Emilio do Pando”, do concello da Fonsagrada, igual que a Dolores Macías Pose e Mini e Mero en 2016. En 2017 outorgouse este recoñecemento ás Pandeireteiras da Alén, Beariz (Orosia e Alsira Gil Ramos e Ólida Diz Ramos) e a Serafín Mourelle Bugallo, da Coruña.

 

As Polafías en cifras

Ao longo destes dez anos as 33 Polafías permitiron conseguir un total de 776 vídeos, que suman un conxunto de 40 horas de gravación a 248 informantes e divulgadores/as, e a 39 grupos de música ou teatro.

O número de visualizacións que alcanzaron eses vídeos é xa de 709.000, o que supón unha media de máis de 900 visualizacións por vídeo.

A estes datos habería que engadir os contidos gravados en entrevistas realizadas na propia casa das Mestras e Mestres da Memoria, o caso de Ángel Rivas Veiga, Elba Requeijo Barro, Emilio do Pando, Josefa Arias Castelo, Dolores Macías Pose e Serafín Mourelle Bugallo, de modo que se suman deste xeito outros 124 vídeos (para un total de 900) e outras 5 horas de gravacións catalogadas e transcritas (para un conxunto de 45 horas).

O proceso de catalogación de todos eses contidos deu como resultado un total de 70 xéneros, de entre os que destacan pola súa cantidade os relativos a poesía, historia oral, contos, romances, lendas, coplas, pezas musicais, poesía popular, muiñeiras, memoria oral, xotas e regueifas.

 

As Polafías e o ensino

Todo este traballo de recoñecemento e divulgación da literatura de tradición oral reforzouse en 2015 coa creación de dúas unidades didácticas para a Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), A literatura popular nas Polafías, da autoría de Xosé Manuel Varela Varela e Patrimonio vivo: Mestras e Mestres da Memoria elaborada por Antonio Reigosa.

 

 

Anexos

Polafías celebradas

 

Ano

Lugar

Data

Patrocinio

2007

Serra de Outes

16 de novembro

Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural

Mondoñedo

17 de novembro

Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural

Vilar de Santos

24 de novembro

Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural

Cerdedo

1 de decembro

Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural

2008

Vilamartín de Valdeorras

15 de novembro

Consellaría de Cultura e Deporte

Friol

22 de novembro

Deputación de Lugo

Riotorto

6 de decembro

Deputación de Lugo

2009

Vilaboa

2 de outubro

Consellaría de Cultura e Deporte

Neda

21 de novembro

Consellaría de Cultura e Deporte

Xermade

28 de novembro

Deputación de Lugo

San Cibrao

12 de decembro

Deputación de Lugo

2010

Ponteceso

21 de maio

Deputación da Coruña

Mesía

22 de maio

Deputación da Coruña

Moaña

30 de outubro

Consellaría de Cultura e Turismo

Chantada

6 de novembro

Deputación Lugo

Maceda

13 de novembro

Consellaría Cultura e Turismo

A Fonsagrada

20 de novembro

Deputación de Lugo

2011

Cerqueda-Malpica

13 de marzo

Deputación da Coruña

Neaño-Cabana de Bergantiños

19 de agosto

Concello de Cabana de Bergantiños

Xirarga-Beariz

1 de outubro

Consellaría de Cultura e Turismo

Monforte (Pazo de Tor)

22 de outubro

Deputación de Lugo

Monte Alto - A Coruña

26 de novembro

Deputación da Coruña

2012

Santaballa - Vilalba

10 de novembro

Deputación de Lugo

A Guarda

8 de decembro

Consellaría de Cultura

Pontedeume

15 de decembro

Deputación da Coruña

2013

Lugo

29 de novembro

Deputación de Lugo

2014

Lugo

28 de febreiro

Deputación de Lugo

Arteixo

18 de setembro

Deputaciónda  Coruña

2015

Tallo - Ponteceso

21 de marzo

Consellaría de Cultura e Deputación da Coruña

A Estrada

9 de outubro

Consellaría de Cultura e CEDRO

2016

Mondoñedo

2 de abril

Consellaría de Cultura e Deputación de Lugo

Muíños - Ourense

1 de outubro

Consellaría de Cultura

2017

As Pontes - A Coruña

26 de novembro

Consellaría de Cultura, Deputación da Coruña e CEDRO

 

 

              Mapa de distribución das Polafías

 

 

Xéneros catalogados

Adiviña

Alalá

Canción 

Canción infantil

Cantar de ronda

Canto acumulativo

Canto de arrieiro

Canto de Entroido

Canto de Nadal

Canto de Reis

Canto de seitura

Chistes e anécdotas de cregos

Chotis

Comparsa

Completo

Conto

Conto colorado

Conto de animais

Conto de maxia

Conto marabilloso

Conto relixioso

Conto: chistes, anécdotas

Contos de mentiras

Contos novelescos

Copla

Coplas de cego

Coplas de Entroido

Coplas e regueifas

Ditos

Entrevista

Fiada

Foliada

Historia

Historia oral

Humor

Ladaíña

Lenda

Lenda haxiográfica

Maneo

Mazurca

Medicina popular

Memoria oral

Memorias

Monólogo

Muiñeira

Muiñeira redonda

Muiñeira-vals

Música

Parrafeo

Pasodobre

Pasodobre de cordel

Peza musical

Poesía

Poesía popular

Polca

Recitado

Refrán

Regueifa

Responsos, ensalmos e oracións

Ribeirana

Romance

Romance de cego

Rumba

Sainete

Sucedidos

Teatro popular

Toponimia

Trabalinguas

Tras-tras

Valse

Vilancico

Xota      

 

Informantes e persoas divulgadoras

Alberte Núñez Martínez

Alberto Ordóñez

Alexandre Caínzos

Alfonso Campos

Alfredo Varela

Ángel Cordero

José María Tojeiro Pita "Pedrón do Freixo"

Alicia Crespo Ares

Alma Selene

Álvaro Santos Ramos "Álvaro do Sixto, o Novo Laxe"

Ambrosio Borrajo Conde

Américo Rodrigues

Amparo Abeledo Prado

Andrés Díaz

Andrés García Doural

Ángel Rivas Veiga

Ángeles Rivada González

Aníbal Ánxel

Antía Cal

Antonia Mon Yáñez

Antonio Fernández "Paradiñas"

Antonio González "Baralló"

Antonio Lage Méndez

Antonio Lourenzo Cabarcos "Toñito de Ferpu"

Antonio Reigosa

Antonio Rodríguez Losada "Antonio de Eirexe"

Antonio Sampaio

Asunción Vila Cotelo

Aurelio Ramos Ogando

Aurora Ramos Pereiro

Baldomero Capelán

Beli Martínez

Carlos Morais

Carme

Carme Varela García

Carmen "A Maceira"

Carmen Eiroa Barreira

Carmen Furelos

Carmen Neira

Carola Macedo Cordal

Cástor Castro Vicente

Celso Diz Quintas

Celso Fernández Sanmartín

César Fernández

Chus Amieiro

Clara Naseiro

Clara Rey Sarmiento

Conchita López

Consuelo "Chelo" Durán Carballal

Consuelo "Selucha" Paz Ramos

Corona

Cristovo Ruíz Leivas

Daniel Pando

David Pérez López

Dictino Rodríguez Lázare

Dolores García García "Dolores de Mandián"

Dolores Macías Pose

Dolores Trigo Vecino "Lola do Panadeiro"

Dolores Varela Barreira

Domnino Fernández Pol

Dorinda Barros Rivas

Elba Requeijo Barro

Elia Rico Lagarón

Eliseo Couto Pose "Eliseo do Couto"

Elixio Vieites

Eludín Cañizo Paz

Emilio "Milucho" Mariñas

Emilio do Pando

Encarna Lago

Encarna Suárez Trigo

Esperanza Piñeiro de San Miguel

Evangelina López García

Evangelina Trigo Vecino

Faustino

Felicia Insuela

Félix Castro Vicente

Fermín Calvo Gómez "Fermín da Feira Nova"

Fina Cousillas Baña

Florinda Bermúdez Castro "Florinda de Patricio"

Fran Bouso

Francisca Abuín Villar

Francisco A. Vidal Blanco

Francisco López Alonso

Francisco Piñeiro

Mª Paz Rodriguez Silva

Francisco Xabier Moure Salgado

Gabriel Amado Rego

Gabriel Díaz Díaz

Gerardo

Germán López Quiroga

Guillerme Ignacio Costa

Herminio Villaverde

Isidro Novo

Isidro Rodríguez

Iván Castro Aldao

Chloé Couto Villareal

Jacinto Paredes

Javier Couto Castro "Javier do Couto"

Jesús Miranda Iglesias

Jesusa Suárez Iglesias

José "Pepe" Paz Ramos

José Antonio Barreiro Villar

José Cortizo

José López Martínez "Pepe de Rosalía"

José Luis Bermúdez

José Mª Parente Gómez "O LLou"

José Manuel Bermúdez

José Novoa

José Pino González

José Rodríguez

José Suárez Regueira

Josefa Arias Castelo

Josefa Bernardo González

Josefina Ramos Espiñeira

Víctor Manuel Gil Ramos

Juan Eladio Pico Romero "Eladio O Cego"

Juan Permuy

Juana Corsina

Laureano Míguez Salgueiro

Lina Lage

Lino Perdiz

Lois Pérez

Lolo Placer Piñeiro

Lourenzo de Brates

Lucía da Conceiçao Fernández "A cega de Covelo"

Lucinio Gil Tato e outros

Luis Dopico

Luis Giadás

Luis Rivas Barbastristes

Mª Carmen Piñeiro Funcasta

Mª Nélida López Rodríguez

Manu "O Hedras"

Manuel Álvarez "Quintín"

Manuel Bouzas Souto "Manolo de Vinculeiro"

Manuel Cabaleiro

Manuel de Candelos

Manuel Domínguez Ferro

Manuel Fernández

Manuel Fernández Rama

Manuel Ferreiro

Manuel Iglesias Martínez

Manuel López

Manuel Lourenzo

Manuel Lugrís Rodríguez

Manuel Martínez Prieto

Manuel Reices

Manuel Uxío

Manuela Cortizo Medal

Manuela Vilaboy

Elisa Romero Ferreiro

Sara Samil Rey

Marcelino Sieiro

Marcelo Castro

Marcos

Margarita Bermúdez

Margot Riobóo

María Álvarez Castro

Maria Aurora Botão Pereira

María do Caramelo "A Carameleira"

María Esther Rodríguez Míguez "María de Vighán"

María Hilda Carballido Pico "Maruja"

María Inés Rodríguez García

María Rozamontes

Marisa Álvarez

Marta Álvarez

Maruja López Rivera "Maruxa da Ibérica"

Nieves Montero Corral

Maruxa "A Chevarría"

Matilde Castro García

Matilde Vilariño Pose

Mercedes Acebedo

Mercedes Queixas Zas

Miguel Anxo Calvo "O Cego de Liñeiro"

Modesto Varela Pérez

O capador de galos

O Coxilitranco da Pata do Medio

Obdulia Fernández

Ofelia Cañizo Paz

Ofelia López Bermúdez

Óscar de Souto

Óscar Miranda

Óscar Miranda e Víctor Iglesias

Pablo Carro

Paco Martín

Paco Rivas

Paula Gulías Cendón

Ana Diz Cendón

Pepe "O Caramuxo"

Pepe Penabade

Pilar Añón Dopico

Pilar Curbeira Fonte

Pilar Rama Pose

Plácido Vigueret Villar

Pura Lavandeira

Pura Lema Sánchez

Purificación García Borrazás

Rafael Quintia

Raimundo Cousillas Baña

Ramón Rivas Villares

Roberto García Penas

Rosa Mª Martínez Dios

Rosario García

Rubén Troitiño

Sandra Alvarellos Varela

Sara Vidal García

Saray García Rojo

Rosa Susana Lema Castro

Señora Modesta

Serafín Mourelle Bugallo

Sinda Álvarez

Sinforosa Cañizo Paz

Soledad Ríos Santomé

Solita Pazos

Suso de Xornes

Antonio de Xornes

Suso do Becho (Jesús Moreira Castro)

Tamara Lema Rodríguez

Tareixa Campo

Teresa Castro Pardiñas

Teresa Reigía Pose "Teresa dos Cucos"

Teresita

Tino Baz

Tino Regueira Paz

Toño Núñez

Vicente Míguez Salgueiro

Víctor do Pecho (Víctor Varela Romay)

Xabier Maceiras

Xavier Blanco

Xavier Brisset

Xerardo Santomé

Xía Arias

Xoán García

Xosé Font e Carmen Baz

José Benito Rodríguez González "Tito Chirro"

Xosé Iglesias

Xosé Lois García

Xosé Lois Vilar

Xosé Manuel Felpeto

Xosé Manuel Millán Otero

Xosé Manuel Varela Varela

Xosé Paz Fernández "Pepucho"

Xosé Rodríguez Ferrer

Xosé Vázquez Pintor

Xosé Villaverde Román

Xulia Nogueira, Lino Rico e Nara Carballal

Xurxo Souto

 

 

 

 

 

              Agrupacións musicais, de baile ou teatro que participaron nas Polafías

 

 

Abertal

Agrupación Folclórica Os Santiaguiños

Agrupación Xeada

Antón Castro

As Chairegas de Sancovade

Asociación Cultural Raigañas

Asociación Tamparrantán

Banda de Gaitas de Maceda

Cantareiras do Fol

Cantares do Asma

Cántigas da Terra

Comparsa "Monte Alto a 100"

Coplas de Cego do Entroido de Salcedo

Coral de Canduas

Coral de Cesullas

Debanadoira

Eloi Mato Rial

Escola de Música Tradicional de Mesía

Gaiteiros de Anos

Gaiteiros de Borneiro

Gaiteiros de Merlán

Grupo de canto de Antaruxas e Sorteiros

Grupo de pandeireteiras Xamaraina

Mini e Mero

O Tear de Llerena (Guillerme Ignacio Costa e Marcelo González)

O Trícole

Ordeikí

Os Abrentes de Cerdedo

Os Chichisos

Os Larpeiros de Altamira

Os Minhotos

Pandeireteiras da Alén

Pandeireteiras de Arzúa

Pandeireteiras de Barro de Arén

Pepa Yáñez e Branca Vilares

Ramón Rodríguez Palleiro "Moncho do Orzán"

Regueifeiros

Son de Cores

Veciñas e veciños de Santaballa, Vilalba (Lugo)

Zoar do vento

 

Persoas e entidades locais que colaboraron na organización das Polafías

8 mares (Investigación e Divulgación Cultural)

Agrupación Cultural Abertal

Alfonso Campos

Ana Carril

Ana Diz Cendón

Ana Gago

Ana Guerra Cañizo

Ángeles Rivada González

Antón Rodríguez Prieto

Antonio Mouzo

Ardóbriga (Asociación Cultural para a Protección do Patrimonio)

Asociación Cultural "Aira das Mantas"

Asociación Cultural "Bieito Fandiño"

Asociación Cultural "Cova da Serpe"

Asociación Cultural "Lonxa Literaria"

Asociación Cultural "Mariña Patrimonio"

Asociación Cultural "Monte Branco"

Asociación Cultural "Os Chichisos"

Asociación Cultural "Pena do Golpe"

Asociación Cultural “Monte da estrela”

Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa

Asociación Cultural Antaruxas e Sorteiros

Asociación Cultural Arrincadeira

Asociación Cultural e  Pedagóxica Ponte nas Ondas!

Asociación Cultural e Ecoloxista “Verbo Xido”

Asociación Cultural Vagalumes

Asociación Cultural-Deportiva “Polos Camiños de Arteixo”

Asociación de Estudios Históricos e Sociais Hume.

Asociación de Mulleres Rurais "Fonte da Xonza"

Asociación de Mulleres Rurais “Cima de Vila”

Asociación de Música Tradicional de Mesía

Asociación de Veciños “Santo Tomé de Merlán”

Asociación de Veciños de Cabreiros

Asociación de Veciños de Monte Alto

Asociación de Veciños Monte d'Arxa

Asociación de Xubilados e pensionistas de Arteixo

Biblioteca Municipal de Serra de Outes

Calros Solla

Carlos Campos

Carme Pernas Bermúdez

Casa da Cultura de Serra de Outes

Casa da Xuventude

Casa das Palmeiras

Cástor Castro Vicente

Centro Cívico Cultural de Arteixo

Centro de Convivencia Uxío Novoneyra

Centro Sociocomunitario de Benestar de Maceda

Centro Socio-Cultural "Daniel Castelao"

Clara Gil Ramos

Club do Mar de Santo Amaro

Colectivo Mondoñedo É

Colectivo Terra

Complexo Hostaleiro Aldeola

Concellería de Cultura do Concello da Guarda

Concellería de Cultura do Concello de Arteixo

Concello de Cerdedo

Concello de Lugo

Concello de Mesía

Concello de Moaña

Concello de Mondoñedo

Concello de Neda

Concello de Pontedeume

Concello de Riotorto

Concello de Serra de Outes

Concello de Vilaboa

Concello de Vilamartín de Valdeorras

Concello de Vilar de Santos

Concha Blanco

CRA Nosa Señora do Faro

Daniel Pando

Escola da Música Tradicional de Moaña

Familia Grande (de Casa Terrón)

Felipe Castro

Félix Castro Vicente

Francisca Abuín Villar

Francisco A. Vidal Blanco

Fundación Eduardo Pondal

Gonzalo García

Manuel Durán

Manuel Lugrís Rodríguez

Manuel Miranda Ruíz

Manuel Varela

Manuela Vilaboy Romero (pedagoga)

Marisa Álvarez

Marisa Guerra Cañizo

Mini e Mero

Moncho do Orzán

Museo Comarcal da Fonsagrada

Museo da Limia

Museo Etnográfico San Paio de Narla

Museo Provincial do Mar

O Colado do Vento (Sober)

O Trícole (Sober)

Paco Piñeiro

persoal do Museo Pazo de Tor

Poldo Cañizo Durán

Rafael Quintía

Ramón Rodríguez Palleiro

Rede Museística da Deputación de Lugo

S.C.D.X. Fontefría

Servizos Sociais do concello de Xermade)

Silvia e Manuel Pérez Grueiro

Soldedad Ríos

Víctor Gil Ramos

Xabier Maceiras

Xavier Blanco

Xoán Neira

Xoán Xosé Molina

Esperanza Abelairas

Xornal “O Sil”

Xosé Lois García

Xosé Manuel Felpeto Carballeira (presidente da Asociación de Veciños de Cabreiros)

Xosé Manuel Varela Varela

Xosé María Varela

Xurxo Souto