→ Hoxe, 22 de xaneiro, reuníronse en Madrid representantes das principais organizacións implicadas na iniciativa
→ A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) estivo representada por CEDRO (Centro Español de Derechos Reprográficos)
→ Reivindican continuar traballando de forma remunerada durante a súa xubilación pola súa singular achega á sociedade
→ Actualmente a Seguridade Social penaliza os autores-as de maior idade
Hoxe constituíuse a plataforma Seguir creando, coa reivindicación de que calquera profesional da creación poida seguir creando de forma remunerada despois da súa xubilación sen deixar de percibir unha pensión á que contribuíron durante a súa vida activa, algo que a lei prohibe desde o ano 2013.
CEDRO, SGAE, ACE, VEGAP e a AELC –entre outros– reuníronse esta mañá na sede da SGAE en Madrid para constituír a plataforma. Estas organizacións consideran que esta medida é inxusta e está a causar “graves prexuízos” á cultura porque se nos está privando do talento dos creadores-as con máis experiencia. O obxectivo é equiparar a lexislación española á doutros países da Unión Europea, nos que xubilación e creación son actividades compatibles ao entender que a súa achega contribúe a enriquecer o acervo cultural dunha sociedade.
FOLLA DE RUTA
Na reunión fixouse tamén a folla de ruta para este 2016. As accións que levarán a cabo implican sumar outros sectores afectados, realizar actos públicos reivindicativos e manter encontros cos representantes dos principais partidos políticos para dar a coñecer as súas reivindicacións, principalmente.
Entre as medidas que se solicitará aos diversos interlocutores estarán, por orde de prioridade:
Con esta liña de traballo, os creadores de Seguir creando perseguen que esa devolución que a sociedade lles outorga, tras seren eles quen achegaran tanto durante a súa vida activa, non se interrompa por cumprir unha idade. O obxectivo, por tanto, é permitir a quen desexe seguir enriquecendo o noso mundo coa súa creatividade que poida facelo de forma digna.
Ler o MANIFESTO Polo dereito a seguir creando
ENTIDADES ASINANTES
Visual Entidade de Xestión de Artistas Plásticos (VEGAP); Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE); Asociación Colexial de Escritores de España (ACE); Plataforma en Defensa da Cultura; Centro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO); Federación de Músicos Asociados (FEMA); Foro de Asociacións de Guionistas de Audiovisual (FAGA); Asociación estatal de compositores para o audiovisual. (MUSIMAGEN); Asociación de Autores Literarios de Medios Audiovisuais (ALMA); Federación de Compañías de Danza (FECED); Xunta de Autores de Música (JAM); Asociación de Grupos de Música Antiga (GEMA); Associació d’Escriptors en llengua catalá (AELC); Asociación de Autores Científico-Técnicos e Académicos (ACTA); Asociación de Tradutores, Correctores e Intérpretes de Lingua Vasca (EIZIE); Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG). Euskal Idazleen Elkartea (EIE).