Declaración polo dereito a seguir creando
Desde 2012, calquera profesional da creación maior de 65 anos que desexe continuar desenvolvendo a súa actividade ten dúas opcións:
a) Cobrar a súa pensión pero renunciando daquela a percibir unha retribución polos seus cursos, artigos, conferencias e aos dereitos de autor/a que a súa obra lle xere, se con iso supera en ingresos o Salario Mínimo Interprofesional (SMI) anual bruto;
b) Continuar achegando o seu coñecemento, froito da súa experiencia ao longo dos anos ou percibindo os dereitos de autor/a que lexitimamente lle corresponden, pero renunciando daquela á súa pensión contributiva e non contributiva.
A pesar das graves dificultades económicas que o sector creativo atravesou nos últimos anos no Estado, o Goberno penalizou e coutou a actividade creadora que a todos beneficia. As consecuencias da súa aplicación son claras:
- Un dano de proporcións incalculables ao desenvolvemento intelectual do Estado impedindo que os nosos autores poidan seguir achegando nunha etapa da súa vida na que o grao de madurez, experiencia e sabedoría pode ser destinado a mellorar unha sociedade cada vez máis necesitada de peso intelectual.
- Unha desprotección dos creadores, especialmente aqueles con menores rendas que non poden complementar as súas pensións non contributivas co froito do seu coñecemento.
- Un descenso da contribución á Facenda Pública. Se os creadores deixan de producir, tamén deixarán de contribuír ás arcas públicas.
Por todo iso, ESIXIMOS:
- A compatibilidade da percepción de pensións cos rendementos do traballo derivados da actividade creativa.
- O cesamento inmediato da campaña posta en marcha polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, que insta os afectados a que elixan entre continuar mantendo unha vida intelectualmente activa ou a súa pensión de xubilación.
- A apertura dun proceso de diálogo coas organizacións de autorais que permita atopar unha solución xusta para quen, ao finalizar a súa vida laboral activa, aínda queren achegar o seu talento ao acervo cultural e científico-técnico da nosa sociedade.
- Que en virtude dun proceso de reflexión e análise do sector, o novo Goberno que saia das urnas o 20 de decembro deseñe unha nova norma que permita compaxinar o desenvolvemento social e creativo cos dereitos sociais e laborais de todos.
de novembro de 2015
Esta declaración está apoiada por estoutras entidades:
- Visual Entidad de Gestión de Artistas Plásticos (VEGAP)
- Sociedad General de Autores y Editores (SGAE)
- Asociación Colegial de Escritores de España (ACE)
- Plataforma en Defensa de la Cultura
- Centro Español de Derechos Reprográficos (CEDRO)
- Federación de Músicos Asociados (FEMA)
- Foro de Asociaciones de Guionistas de Audiovisual (FAGA)
- Asociación estatal de compositores para el audiovisual (MUSIMAGEN)
- Asociación de Autores Literarios de Medios Audiovisuales (ALMA)
- Federación de Compañías de Danza (FECED)
- Junta de Autores de Música (JAM)
- Asociación de Grupos de Música Antigua (GEMA)
- Associació d’Escriptors en llengua catalana (AELC)
- Asociación de Autores Científico-Técnicos y Académicos (ACTA)
- Asociación de Traductores, Correctores e Intérpretes de Lengua Vasca (EIZIE)