Edicións Embora
Hoxe iremos de paseo con Helena e co seu avó Luís. Con ela e con el percorreremos a cidade de Pontevedra e coñeceremos todas esas historias interesantes que sabe Luís e que lle vai ir contando á súa neta, e tamén a nós, por suposto, para que poidamos seguir mantendo na cabeza todas as cousas que pasaron nesta bonita cidade galega.
Quedade con nós,
fitade a paisaxe,
isto é Pontevedra,
vamos de viaxe!